Moradoradafraga

Poesía, imaxes e pensamentos

Feminismo (si, son feminista, qué pasa? Febreiro 6, 2009

Arquivado en: Ideas — moradoradafraga @ 1:25 am
Tags: , , , ,

feminismo.


s m SOCIOL Movemento que ten como finalidade conseguir a igualdade política, social e económica da muller respecto do home, concretado a partir da segunda metade do s XIX no ámbito da sociedade industrial.


Alguén me podería dicir cándo foi que o feminismo pasou a ser algo malo? Poño un exemplo.

Unha vez, dando a clase de inglés, fixen ler un texto e, casualmente, chamei a máis rapazas que a rapaces (entre outras cousas porque elas eran maioría). Fixérano todas bastante ben. Ocorreu despois que chamei a un rapaz que, por casualidade tamén, o fixo bastante mal, cousa que lle fixen saber. Cando estaba corrixindo ó devandito rapaz, sáltame un do fondo da aula e berra, indignado: Feminista!!!Sufraxistas en NY, 1921

Polo visto a intención era insultar, pero creo que se confundiu. Sentínme igual ca se me dixera: “Muller!!” ou “Noiesa!!” ou “Profesora!!”

Ser feminista é algo que deberiamos ser todos nos tempos que corren. Con todos quero descartar, por suposto, a machistas, fascistas de calquera orde, fanáticos de relixións nas que a muller é inferior ó home…

En fin, que hoxe, se dis que non es racista nin xenófoba ninguén che vai botar nada en cara; agora sí, como se che ocorra dicir que es feminista, empézanche a ver cunha bandeira na man, bigote, pernas sen depilar, probablemente lesbiana, pouco feminina… Por suposto, ningunha destas cousas é un defecto, faltaría máis.

As feministas estamos soas. Poucos homes van admitir ser feministas: a maioría dirache que o feminismo é a variante feminina do machismo, cousa incerta se vos fixades na definición que puxen ó principio desta entrada. Tampouco nos acompañan as mulleres, pois de moitos é sabido que o machismo o “patrocinamos” principalmente as mulleres. Incluso hai mulleres que se negan a ser feministas por medo a non ser femininas, coma se tivesen algo que ver. O curioso é que se lles preguntas se cren que os homes e as mulleres deberían ter os mesmos dereitos, a maioría dirache que si. Pero entón serían feministas!

A ignorancia échevos moi ousada, xa o dicía a miña avoa, que sen sabelo foi das primeiras feministas que houbo no lugar.

A todas aquelas mulleres que renegan do feminismo: lembrade que sen el hoxe non poderiades votar, nin denunciar a un home que vos malla, ou ter unha conta no banco ó voso nome, nin moitos dereitos que hoxe dades por garantidos.

 

2 respostas a “Feminismo (si, son feminista, qué pasa?”

  1. Saloa di:

    Como no podía ser menos en este tema, allá voy…
    Eres en ocasiones incontestable, y éste es uno de esos momentos en me va a costar montar mi respuesta, pero el feminismo es un tema que nos une y desune a partes iguales.
    El peligro, a mi entender, es caer en la discriminación positiva sin criterio, en aquellos colectivos histórica y socialmente excluidos, y creo que en el siglo XXI el feminismo debe dar paso a otro término, que es el de igualdad, como muchas veces hemos hablado. Igualdad de oportunidades, de derechos (y deberes), de sueldos, etc.
    Existen ejemplos de discriminación positiva que no llego a comprender, como las pruebas físicas de acceso a la policía. El puesto de trabajo es el mismo y las funciones también, ¿por qué pedir menos a una mujer, por el hecho de ser mujer, que a un hombre? Sólo porque, por lo general, las mujeres estamos en desventaja en el aspecto físico, y no sería políticamente correcto que hubiera sólo “x” mujeres en la academia, en estos tiempos que corren…
    Soy partidaria de hablar de personas, no de hombres y mujeres, y cada uno tiene que demostrar su valía. Y también en la política vemos que hay mujeres que llegan a lo más alto por su sexo, no por sus capacidades. A mí personalmente no me agrada que se me tenga por alguien a quien hay que proteger.
    Fue necesaria la acción de muchas mujeres que se unieron en defensa de todas, para conseguir derechos que hoy nos parecen innegables, y no puedo estar más de acuerdo con esto (que agradezco), pero actualmente creo que nuestra lucha tiene que cambiar, y actualizar esta palabra, “feminismo”, que tiende a la exclusión (aunque la definición del diccionario sea la que apuntas), por otra que nos incluya a todas y todos.
    Y sin más, que esto puede alargarse hasta el infinito, moitos, moitos bicos, moradora. Vémonos por Noia!

  2. moradoradafraga di:

    En realidad, estoy totalmente de acuerdo contigo. Yo también estoy en contra de la discriminación positiva. Desde luego no quiero leyes que me protejan a mí, sino que se garantice que ninguna persona cortita de miras me pueda considerar inferior por ser mujer (ni superior tampoco).
    Por otra parte, aunque también me gusta pensar que los seres humanos somos, ante todo, personas, en la práctica veo que somos bastante diferentes en general.
    A donde quiero llegar es a que, mientras sigamos teniendo un rol como el que seguimos teniendo en la sociedad, yo voy a seguir luchando, no contra los hombres, sino contra el machismo.
    Le puedo llamar “igualismo” si quiero, pero me gusta más “feminismo”.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.